Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > As Plataformas Cidadáns esixen á Xunta que "defina unha postura definitiva" sobre a incineradora

17, Agosto 2012 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Entenden que as informacións aparecidas nos medios de comunicación son "a todas luces contradictorias e confusas" polo que demandan "un exercicio de responsabilidade e se fale de forma clara neste asunto".

As 3 Plataformas constituídas para opoñerse á instalación da planta incineradora remitiron un escrito dirixido ao Presidente da Xunta e ó Conselleiro de Medio Ambiente no que lle piden "unha comunicación oficial do seu posicionamento ao respecto  e sen ambigüidades nin medias tintas e aclare dunha vez por todas se seguen adiante ou non coa idea de instalar a planta incineradora de residuos no Irixo".

Recordan, ademáis, que desde o pasado mes de decembro de 2011 cando se anunciou este proxecto por parte do Conselleiro de Medio Ambiente "a falta de transparencia foi a tónica dominante" e quedou sobradamente de manifesto como "as movilizacións populares do Irixo, O Carballiño e Lalín denotaron ás claras que a preocupación é máxima e que a xente non está disposta a admitir que se xogue co noso futuro", subliñan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/plataformas-cidadans-esixen-xunta-que-defina-unha-postura-definitiva-sobre-incineradora

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/plataformas-cidadans-esixen-xunta-que-defina-unha-postura-definitiva-sobre-incineradora [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/plataformas-cidadans-esixen-xunta-que-defina-unha-postura-definitiva-sobre-incineradora [3] whatsapp://send?text=As Plataformas Cidadáns esixen á Xunta que [4] https://www.copecarballino.es/print/43094