Desenrolado por coroa.es
Voluntarios de Protección Civil e GRUMIR do Carballiño traballaron na extinción e control do incendio declarado nun palleiro da localidade de Silvaboa, na parroquia de Oseira, onde residen dúas familias.
Un dos veciños advertíu o lume, tras escoitar un forte ruído cando se derrubou o tellado do palleiro, e deu aviso á Central de Emerxencias, á unha e media da madrugada. Os Servizos de Emerxencias do Carballiño desplazaron ata o lugar dous camións contra incendios, nun operativo ao que despois se sumaron outros dous camións de bombeiros procedentes de Ourense e Ribadavia, que xunto a efectivos da Garda Civil, lograron controlar o lume sobre as 9 da mañá, evitando que se propagase ás vivendas habitadas.
Antes, os veciños lograron salvar do lume as vacas e animais de outras despendencias anexas. O lume consumíu unhas 750 pacas de herba seca e destruíu un tractor e outros apeiros de labranza, todo apunta a que o incendio pudo provocalo un cortocircuíto.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/arden-750-pacas-de-herba-seca-un-tractor-e-apeiros-de-labranza-nun-incendio-na-parroquia-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/arden-750-pacas-de-herba-seca-un-tractor-e-apeiros-de-labranza-nun-incendio-na-parroquia-de
[3] whatsapp://send?text=Arden 750 pacas de herba seca, un tractor e apeiros de labranza nun incendio na parroquia de Oseira http://copecarballino.es/novas/arden-750-pacas-de-herba-seca-un-tractor-e-apeiros-de-labranza-nun-incendio-na-parroquia-de
[4] https://www.copecarballino.es/print/43187