Desenrolado por coroa.es
Os ladrós consegurion levarse preto de corenta reloxos do escaparate da Xoiería Adá, antes intentaron entrar na casa do concello de Cea.
O roubo rexistrabase ás cinco da madrugada e o ruído que provocou a rotura da cristaleira do escaparate da xoiería fixo que os veciños saísen ás ventás das vivendas, os ladrós responderon lanzándolles pedras.
"Eran tres individuos e ían encapuchados, polo menos logramos asustálos e non se levaron todo o que querían" relatou en COPE O Carballiño o propietario da Xoiería Adá, sita na Praza Maior de Cea. Cando chegou a Garda Civil pudo comprobar que tamén intentaran entrar -sien conseguilo- na casa do concello de San Cristovo de Cea.
A GARDA CIVIL PRENDE AO PRESUNTO AUTOR DE CINCO ROUBOS NA HOSTELERÍA CARBALLIÑESA
O detido, un mozo de 25 anos con residencia no municipio de Maside, tería sido o autor do roubo en cinco locais da hostelería carballiñesa, todos eles cometidos entre os pasados dias 14 e 21 deste mes de abril. En todos eles, apoderouse da recadación de varias máquinas "comecartos". Intrúe dilixencias o Xulgado nº 1 do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/rouban-na-praza-maior-de-cea-e-amedrentan-aos-veciños-tirándolles-pedras
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/rouban-na-praza-maior-de-cea-e-amedrentan-aos-veciños-tirándolles-pedras
[3] whatsapp://send?text=Rouban na Praza Maior de Cea e amedrentan aos veciños tirándolles pedras http://copecarballino.es/novas/rouban-na-praza-maior-de-cea-e-amedrentan-aos-veciños-tirándolles-pedras
[4] https://www.copecarballino.es/print/43292