Desenrolado por coroa.es
A comparsa "Alí Babá" dos Arrieros de Dacón levouse o primeiro premio do concurso, o segundo foi para "As chicas do 600" de Crecente, mentres que "O Xardín Encantado" da asociación O Castro de San Amaro quedouse co terceiro premio. O cuarto premio correspondeu ao Fénix da Asociación Lumareda. O Xurado outorgou o quinto premio aos Caníblaes dos Azucarados de Maside, e o sexto premio aos Trangallás do Irixo.Tamén foi distinguida a comparsa do colexio Vila do Arenteiro, como a de mellor animación.
O desfile foi seguido por miles de persoas, dende a Policia Local do Carballiño vironse desbordados pola gran afluencia de público e de vehículos, moitos deles tiveron que aparcar nas aforas do Carballiño "fixemos un operativo coas previsiós de outros anos, pero vimonos desbordados", subliñou a esta emisora de radio o responsable da Policia Local, Francisco Valeiras.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-desfile-de-comparsas-convoca-miles-de-persoas-no-carballino
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-desfile-de-comparsas-convoca-miles-de-persoas-no-carballino
[3] whatsapp://send?text=O desfile de comparsas convoca a miles de persoas no Carballiño http://copecarballino.es/novas/o-desfile-de-comparsas-convoca-miles-de-persoas-no-carballino
[4] https://www.copecarballino.es/print/43521
[5] https://www.copecarballino.es/sites/default/files/Acta%20do%20Xurado.doc