Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O Concelleiro do PSdG esixe a dimisión do alcalde de Cea pola súa imputación

12, Marzo 2014 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

"Se resultan certos os documentos que o xefe da empresa 5 Jotas presentou nun xulgado de Vigo" confirmase que todo foi unha montaxe política do alcalde de Cea e do PP de Ourense en beneficio propio", afirma o concelleiro socialista Guillermo Dopazo.

O rexedor municipal, José Luis Valladares, deberá pasar polo xulgado nº 1 do Carballiño no vindeiro mes de abril, para prestar declaración como imputado nun presunto delito de suborno, do que foi acusado por José Manuel Costas, o empresario do fallido proxecto industrial que ía a situarse en Cea e que está procesado por un delito de fraude fiscal. Valladares negara, no seu dia, todas as acusacións e anunciara a presentación dunha querela, despois de transcender que o citado empresario manifestara que o alcalde lle pedira "diñeiro negro" para escriturar a nome da empresa os terreos do parque empresarial do Fonde de Cea.

Os socialistas esixen explicacións por parte do Partido Popular e consideran que "estamos ante una caso gravísimo de corrupción política, que supón a dimisión inmediata do alcalde e do secratario do concello".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-concelleiro-do-psdg-esixe-dimisi%C3%B3n-do-alcalde-de-cea-pola-s%C3%BAa-imputaci%C3%B3n

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concelleiro-do-psdg-esixe-dimisión-do-alcalde-de-cea-pola-súa-imputación [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concelleiro-do-psdg-esixe-dimisión-do-alcalde-de-cea-pola-súa-imputación [3] whatsapp://send?text=O Concelleiro do PSdG esixe a dimisión do alcalde de Cea pola súa imputación http://copecarballino.es/novas/o-concelleiro-do-psdg-esixe-dimisión-do-alcalde-de-cea-pola-súa-imputación [4] https://www.copecarballino.es/print/43524