Desenrolado por coroa.es
Fai meses que os sanitarios veñen denunciando a deixadez municipal en canto ao estado de conservación das instalacións, agora incluso apuntan á suciedade que está provocando situacións de insalubridade.
Os profesionais que exercen o seu traballo no centro de saúde de Piñor levan presentados varios escritos dirixidos ao alcalde da localidade Francisco Fraga, xa que é o concello o responsable do mantemento do edificio. Non obstante, as deficiencias non foron emendadas.
Ao deficiente estado de conservación engaden problemas de insalubridade, debido á falta de limpeza "unha situación inaceptable nun edificio sanitario, cheo de formigas e suciedade como consecuencia da deixadez por parte do concello", manifestan.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/denuncian-problemas-de-insalubridade-no-centro-de-saúde-de-piñor
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/denuncian-problemas-de-insalubridade-no-centro-de-saúde-de-piñor
[3] whatsapp://send?text=Denuncian problemas de insalubridade no centro de saúde de Piñor http://copecarballino.es/novas/denuncian-problemas-de-insalubridade-no-centro-de-saúde-de-piñor
[4] https://www.copecarballino.es/print/43569