Desenrolado por coroa.es
O alcalde Francisco Fumega comprometíase diante das traballadoras da residencia de Tempo Libre a dinamizar estas instalacións para chegar a telas abertas durante todo o ano, tal e como veñen reclamando estas traballadoras dende hai anos.
O rexedor municipal, xunto co concelleiro Afolfo Nogueira, mantiveron unha reunión "para coñecer o estado actual das quendas da citada residencia, e sobre todo para confirmarlle ás traballadoras a intención de iniciar xa as xestións diante da Xunta de Galicia, e máis en cocreto na Consellaría de Traballo e Benestar, organismo que dirixe esas dependencias, así como encargado de marcar as quendas de apertura destas", según informan desde o concello.
De feito -aseguran- xa se iniciaron as conversas para acordar unha reunión cos responsables da Residencia de Tempo Libre “xa que etendemos que non podemos deixar pasar nin un minuto máis neste asunto”.
Fumega destacaba o interese do actual grupo de goberno en poñer en valor este tipo de infraestruturas para que, ademais de ofrecer unha establidade laboral as traballadoras , tamén é un aliciente e un punto de atracción para o turismo “e isto debe ser durante todo o ano, non só en fases estacionais”.
Tanto Adolfo Nogueira como Francisco Fumega sinalaban o “importante motor que esta residencia de tempo libre pode ser para a economía local, xa que a súa apertura durante todo o ano beneficiaría a sectores tan importantes no Carballiño como o comercio e a hostalaria, creando un flujo de clientela que neste intre estase a desaprobeitar por ter esas instalacións pechadas”
Así mesmo os gobernantes municipais tamén teñen "a intención de facer unha xestión indirecta desas dependencias, sobre todo no capítulo de información e publicidade da residencia, para que todo o mundo poida coñecer a súa existencia, así como as oportunidades que ofrece, non só para o turismo, senón tamén para a organización de eventos congresuais e de todo tipo", manifestan.
Na actualidade na residencia de Tempo Libre do Carballiño traballan unhas 26 persoas, e durante o presente ano estiveron abertas ó público estas instalacións un mes, en días e semanas soltas, e agora están abertas dende mediados de maio ata mediados do mes de outubro. En total serían 6 meses neste 2015, a espera de saber cales serán as quendas de apertura no mes de decembro e Nadal.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-comprométese-xestionar-apertura-da-residencia-de-tempo-libre-durante-todo-o-ano
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fumega-comprométese-xestionar-apertura-da-residencia-de-tempo-libre-durante-todo-o-ano
[3] whatsapp://send?text=Fumega comprométese a xestionar a apertura da Residencia de Tempo Libre durante todo o ano http://copecarballino.es/novas/fumega-comprométese-xestionar-apertura-da-residencia-de-tempo-libre-durante-todo-o-ano
[4] https://www.copecarballino.es/print/43896