Desenrolado por coroa.es
En plena campaña preelectoral o agora tenente alcalde solicitara a incrición no padrón municipal de habitantes do concello de Piñor, pero o concello, daquéla gobernado polo alcalde socialista Francisco Fraga denegáralle a petición por entender que non cumplía os requisítos.
Uxío Rodríguez acudíu a vía do contencioso, e agora o xulgado do contencioso-administrativo nº 2 de Ourense ven de darlle a razón, recoñecendolle o seu dereito a figurar no padrón municipal como veciño do lugar de Albarona.
A sentencia estima o recurso que promoveu contra a resolución do concello de Piñor e acorda a súa alta no padrón municipal do concello de Piñor.
A sentencia, que ordena o pagamento das costas á administracción denunciada, observa "desviación de poder e ilícito penal" na conducta do concello e mesmo manifesta que "lamentablemente en el caso que nos ocupa cuestiones políticas han provocado esta situación y la reticencia de la adminstracción de proceder a su incripción".
Pola súa parte, o grupo socialista fixo público un comunicado no que afirma que o exacalde non ten coñecemento da sentencia e reafirmanse nos motivos polos que no seu momento o concello de Piñor denegou a solicitude de inscrición, nin residía antes nin reside agora no concello de Piñor, sentencian os socialistas.
O
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xulgado-da-razon-uxio-rodriguez-no-conflicto-co-exalcalde-e-observa-desviacion-de-poder-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-xulgado-da-razon-uxio-rodriguez-no-conflicto-co-exalcalde-e-observa-desviacion-de-poder-e
[3] whatsapp://send?text=O Xulgado da a razón a Uxío Rodríguez no conflicto co exalcalde e observa
[4] https://www.copecarballino.es/print/43974