Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Deputación estuda asumir, mediante cesión, a xestión do museo Olimpio Liste de Oseira

24, Xaneiro 2016 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á viúva e á filla do etnógrafo Olimpio Liste, Josefina Fernández e Araceli Liste, acompañadas polo alcalde de Cea, José Luis Valladares, con quen analizou a situación actual do museo etnográfico, situado en Oseira, que garda importantes elementos da historia galega e que na actualidade permanece pechado.

O presidente do goberno provincial avogou por chegar a un acordo cos propietarios para que a Deputación de Ourense asuma mediante cesión o museo e así "poder xestionar e manter estas instalacións, lembranza permanente da nosa etnografía, e preservar a memoria do seu creador e impulsor, Olimpio Liste".

Manuel Baltar confirmoulles á familia de Liste que a Deputación de Ourense "fará todo o posible" para que esta xoia poida abrirse novamente ao publico "e sexa un elemento dinamizado de Oseira, conxuntamente co seu mosteiro, co obxectivo de que escolares, investigadores e público en xeral se acheguen ao museo para coñecer máis polo miúdo os elementos que foron conformando a vida e a historia".

Entre os temas que abranguería o posible acordo de cesión do museo figurarían que o goberno provincial asumiría a xestión do mesmo e tamén cabería a posibilidade de realizar estudos de catalogación, restauración e conservación de pezas, así como o mantemento das instalacións.

Olimpio Liste, mestre e etnógrafo, abriu o museo no ano 1976 nunha casa situada nas inmediacións do Mosteiro de Oseira, acollendo nas súas instalacións seccións dedicadas ás labores propias do agro, aos gremios artesáns e ás crenzas, contando ademais cunha importante biblioteca que inclúe volumes e traballos de documentación etnográfica e antropolóxica.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/deputacion-estuda-asumir-mediante-cesion-xestion-do-museo-olimpio-liste-de-oseira

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-estuda-asumir-mediante-cesion-xestion-do-museo-olimpio-liste-de-oseira [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-estuda-asumir-mediante-cesion-xestion-do-museo-olimpio-liste-de-oseira [3] whatsapp://send?text=A Deputación estuda asumir, mediante cesión, a xestión do museo Olimpio Liste de Oseira http://copecarballino.es/novas/deputacion-estuda-asumir-mediante-cesion-xestion-do-museo-olimpio-liste-de-oseira [4] https://www.copecarballino.es/print/44047