Desenrolado por coroa.es
O concelleiro de Fai O Irixo, Florentino Pérez, ven de presentar no rexistro municipal dúas mocións para tratar no pleno corporativo, e nas que achega dúas propostas que teñen como finalidade poñer en valor o potencial turístico que representa a riqueza natural e paisaxística do municipio.
Dunha parte, o concelleiro promove a solicitude de inclusión no catálogo de árbores senlleiras de Galicia de 3 exemplares, que reúnen todos os requisitos para elo, como son o castiñeiro de Surribas, a corticeira de Munín e a carballa das Campinas.
Noutra moción, Florentino Pérez propón á institución municipal a creación de rutas de visita a algunhas formacións vexetais e árboreas de especial relevancia, e representativas da fraga galega, nas parroquias de Espiñeira, Frouce e Reádigos. Trátase de zonas de fácil acceso, á carón de estradas, polo que o concello tan so tería que acometar algunhos traballos de limpeza, e sinalización.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/fai-o-irixo-propon-creacion-de-rutas-para-poner-en-valor-riqueza-natural-e-paisaxistica-do
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/fai-o-irixo-propon-creacion-de-rutas-para-poner-en-valor-riqueza-natural-e-paisaxistica-do
[3] whatsapp://send?text=Fai O Irixo propón a creación de rutas para poñer en valor a riqueza natural e paisaxística do municipio http://copecarballino.es/novas/fai-o-irixo-propon-creacion-de-rutas-para-poner-en-valor-riqueza-natural-e-paisaxistica-do
[4] https://www.copecarballino.es/print/46265