Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Deputación mellora o acceso ao novo balneario das Caldas de Partovia, que será inaugurado en breve

10, Xaneiro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A Deputación provincial comezou as obras de mellora do acceso ao Balneario Caldas de Partovia, que está próximo a inaugurarse.

A reforma consiste na ampliación do vial e asfaltado, co obxectivo de facilitar o acceso dos vehiculos e autocares ata a zona de aparcamento e de entrada do balneario, que están totalmente rematados. Este vial, que antes era moi estreito e apenas permitía o paso de microbuses, pasará a ter unha anchura duns 6 metros, polo que facilitará o acceso a calquera tipo de vehículos en ambos sentidos.

Para conseguir esta anchura procédese ao retranqueo do terreo colindante, rebaixando unha parte do mesmo e recheando outra parte coa pedra e terra sobrantes. Posteriormente, realizarase o labor de allanado e o asfaltado final.

Trátase dunha infraestrutura previa á inauguración e apertura deste novo balneario, que terá lugar nas próximas semanas.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-o-acceso-ao-novo-balneario-das-caldas-de-partovia-que-sera-inaugurado-en

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-o-acceso-ao-novo-balneario-das-caldas-de-partovia-que-sera-inaugurado-en [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-o-acceso-ao-novo-balneario-das-caldas-de-partovia-que-sera-inaugurado-en [3] whatsapp://send?text=A Deputación mellora o acceso ao novo balneario das Caldas de Partovia, que será inaugurado en breve http://copecarballino.es/novas/deputacion-mellora-o-acceso-ao-novo-balneario-das-caldas-de-partovia-que-sera-inaugurado-en [4] https://www.copecarballino.es/print/46662