Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro empata co Vilalbés e alcanza os 25 puntos

12, Novembro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Con este empate, os verdes frenan a racha de cinco victorias consecutivas coas que o equipo chairense chegaba na tarde deste domingo a Espiñedo, que volvía presentar un gran aspecto no graderío con arredor de mil afeccionados, a entrada habitual no municipal carballiñés.

O Racing Club Vilalbés, que tras 23 anos visitaba O Carballiño, resultou ser un equipo cun gran poderío físico, que ademáis sabe ao que xoga, e se a esto unimos que o Arenteiro estivo por debaixo do seu nivel habitual nos partidos da casa, podemos concluir que o reparto de puntos foi o máis lóxico.

Porque en realidade as ocasións reais de gol foron máis ben escasas en ambas porterías, chegou algo máis o Vilalbés na primeira parte, pero na segunda apenas podemos contabilizar os dous goles, e para eso en dúas xogadas a balón parado.

Adiantouse o Vilalbés no minuto 57 tras sacar en corto unha falta dende o lateral da área, o balón levouno un xogador visitante ata o vértice da área e colouno cun tiro axustado o primeiro pau. Apenas cinco minutos despois, penalti sobre Rubén Arce que él mesmo encargase de transformar no gol que siñificaría o empate final.

Con este punto sumado ante o Racing Club Vilalbés, o Arenteiro consigue 25 puntos, desputadas 15 xornadas no campionato de liga na terceira división, aínda con catro xornadas por diante para completar a primeira volta, nas que o Arenteiro viaxará aos campos do Boiro e Compostela, mentres que en Espiñedo recibirá a Barbadás e Cultural Areas.

Para acceder a ficha do partido, prema no seguinte enlace:http: //www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283800 [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-arenteiro-empata-co-vilalbes-e-alcanza-os-25-puntos

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-empata-co-vilalbes-e-alcanza-os-25-puntos [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-empata-co-vilalbes-e-alcanza-os-25-puntos [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro empata co Vilalbés e alcanza os 25 puntos http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-empata-co-vilalbes-e-alcanza-os-25-puntos [4] https://www.copecarballino.es/print/47637 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=283800