Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O ciclo de humor "Carballiño Comedy 3" traerá ao auditorio seis espectáculos nos próximos meses

16, Novembro 2017 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Seis destacados humoristas de ámbito nacional e un galego conforman o cartel da terceira tempada do ciclo de monólogos “Carballiño Comedy”, que se desenvolverá no auditorio municipal do Carballiño dende o 3 de decembro ao 12 de maio. Trátase de Miguel Lago, El Sevilla, Pablo Carbonell, Antípolez, José Corbacho e Carlos Blanco.

O evento foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os representantes da productora MoitaMerda Promocións, Juan Quintela e Lito Caballero. Miguel Lago abrirá o ciclo o domingo, 3 de decembro, ás 20,00 h. O seu espectáculo “Que no salga de aquí” é estrea en Galicia.

Así o asegurou Juan Quintela, que agradeceu ao concello e á concellaría de Cultura a colaboración que manteñen dende hai dous anos e que sitúa ao Carballiño entre as localidades preferentes dos espectáculos que promove a súa compañía en Galicia.

O sábado, 13 de xaneiro, ás 21,00 h., actuará El Sevilla, e Pablo Carbonell o fará o sábado, 3 de febreiro, ás 21,00 h. Trae un monólogo baseado na súa vida, e que tamén será estrea en Galicia. O 25 de marzo, sábado, ás 20,00 h., será a quenda de Antílopez, que foi cualificado como a gran sorpresa do humor a nivel nacional. José Corbacho estará no auditorio o sábado, 21 de abril, ás 21,00 h., e finalmente, Carlos Blanco pechará o ciclo o sábado, 21 de maio, ás 21,00 h.

Diego Fernández expresou a súa satisfacción pola aposta que fai MoitaMerda Promocións polo Carballiño, traendo espectáculos que só se poden ver nas grandes cidades, e asegurou que o cartel desta terceira tempada é excepcional, esperando que acade tanta expectación como a anterior, que foi seguida por máis de 3.000 persoas.

O concelleiro tamén adiantou dúas novidades importantes que atinxen a esta productora de espectáculos, como é a superproducción musical “La Bella y la Bestia”, que chegará ao auditorio do Carballiño o 28 de decembro, e o mago Joel, gañador da última edición de Got Talent de Maxia, que estará no Carballiño o 3 de marzo.

As entradas para os monólogos xa están á venda anticipada nos restaurantes A Fuchela e Comonacasa, ao prezo de 10 euros, ou a través de Internet, na páxina www.woutick.es [5], ao prezo de 10 euros máis gastos, en total 11 euros. E na taquilla o mesmo día dos espectáculos, a 13 euros.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-ciclo-de-humor-carballino-comedy-3-traera-ao-auditorio-seis-espectaculos-nos-proximos-meses

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ciclo-de-humor-carballino-comedy-3-traera-ao-auditorio-seis-espectaculos-nos-proximos-meses [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ciclo-de-humor-carballino-comedy-3-traera-ao-auditorio-seis-espectaculos-nos-proximos-meses [3] whatsapp://send?text=O ciclo de humor [4] https://www.copecarballino.es/print/47657 [5] http://www.woutick.es