Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Cinco persoas feridas tras unha colisión entre unha ambulancia e un turismo na N-541

14, Maio 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Cinco persoas resultaron feridas esta tarde -sobre as 17:30 horas- nunha colisión entre unha ambulancia e un coche en Boborás. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, dúas das vítimas, que viaxaban no vehículo medicalizado, tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros do Carballiño.

A ambulancia quedou envorcada tras o choque frontal co turismo, transportaba a dúas persoas enfermas.

Ata o lugar onde ocorreu o accidente, o punto quilométrico 31 da N-541, desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que as persoas feridas foron finalmente evacuadas en ambulancia.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia ás 17:35 horas para dar conta do accidente. Acto seguido, dende o CIAE 112 Galicia pasábase o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil de Tráfico e ao GES de Avión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/cinco-persoas-feridas-tras-unha-colision-entre-unha-ambulancia-e-un-turismo-na-n-541

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-persoas-feridas-tras-unha-colision-entre-unha-ambulancia-e-un-turismo-na-n-541 [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/cinco-persoas-feridas-tras-unha-colision-entre-unha-ambulancia-e-un-turismo-na-n-541 [3] whatsapp://send?text=Cinco persoas feridas tras unha colisión entre unha ambulancia e un turismo na N-541 http://copecarballino.es/novas/cinco-persoas-feridas-tras-unha-colision-entre-unha-ambulancia-e-un-turismo-na-n-541 [4] https://www.copecarballino.es/print/48390