Desenrolado por coroa.es
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de iniciar as obras de mellora do estado de conservación das beirarrúas existentes na estrada OU-187 (Fondo de Cea-OU-504), no treito correspondente á travesía do concello de San Cristovo de Cea.
Estes traballos, teñen un prazo de execución de 3 semanas.
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada polo alcalde do municipio, José Luis Valladares, visitou as obras e subliñou que esta actuación execútase para mellorar a mobilidade e accesibilidade na estrada OU-187 ao seu paso polo concello de San Cristovo de Cea. Díaz Mouteira indicou que “a execución deste proxecto supón o cumprimento adquirido no seu día polo Goberno galego co alcalde deste municipio para dar resposta ás necesidades da veciñanza”.
A estrada OU-187 ten unha lonxitude de 1.570 m que discorre case en toda a súa lonxitude pola capitalidade de San Cristovo de Cea, con beirarrúas en boa parte das dúas marxes. A actuación consistirá na rehabilitación do muro de contención de pedra duns 10 metros de lonxitude e 2,5 m de altura que se atopa na actualidade en mal estado e que serve para conter un treito de beirarrúa. Ademais, tamén se procederá á substitución das baldosas do seu pavimento que estean deterioradas ou rotas por outras novas, mantendo as aliñacións e a anchura das existentes.
Nesta estrada xa se levaron a cabo hai dous anos melloras importantes que consistiron na reposición do firme da estrada e na completa sinalización horizontal que supuxeron un investimento duns 100.000 euros
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-de-mellora-e-conservacion-da-travesia-de-cea
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-de-mellora-e-conservacion-da-travesia-de-cea
[3] whatsapp://send?text=A Xunta inicia as obras de mellora e conservación da travesía de Cea http://copecarballino.es/novas/xunta-inicia-obras-de-mellora-e-conservacion-da-travesia-de-cea
[4] https://www.copecarballino.es/print/48628