Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Operación renovación no CD Arenteiro para afrontar unha esixente tempada na 3ª división

20, Xullo 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Coincidencia xeralizada no fútbol galego, a tempada 2018-2019 será a de máis nivel competitivo e deportivo dos últimos anos, e con esta idea CD Arenteiro iniciou a súa preparación o pasado dia 18 de Xullo, con 10 caras novas en Espiñedo.

Chegan ao club o gardameta portugués Rui Santos, os defensas Iago Fernández e Ross, os centrocampistas Cassio e Alberto, e os dianteiros David Mitogo, Róber e Hugo Sanmartín, todos eles fútbolistas contrastados pola súa traxectoria en equipos de 3ª división e 2ª B.

Tamén están a facer a pretempada  Xoel e Iván Otero "Rubio" e o canteirán Fernando, asi como varios futbolistas que están a proba.

O club aínda sigue traballando para cerrar o plantel, pendiente do mercado, para completar un equipo no que continúan da pasada campaña Pachi,  Adrián Pol, Alex Bardelás, Manu Bardelás,  Maxi, Portela, Padrón, Abdil, Igor Sevivas e Carlos de Dios.

Ao cadro técnico dirixido por Manel Vázquez incorpórase como adestrador de porteiros Juan Carlos Aguiar, xunto a Julio Nóvoa como 2º adestrador, Santi Ferrón prerarador físico e Martín Pérez, fisioterapéuta.

O primeiro amigable da pretempada será o martes 24 de Xullo en Espiñedo ante o Lugo B, e o primeiro partido oficial o domingo 29 de Xullo no Estadio do Couto en partido de COPA FEDERACION ante o locatario Ourense C.F.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/operacion-renovacion-no-cd-arenteiro-para-afrontar-unha-esixente-tempada-na-3a-division

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/operacion-renovacion-no-cd-arenteiro-para-afrontar-unha-esixente-tempada-na-3a-division [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/operacion-renovacion-no-cd-arenteiro-para-afrontar-unha-esixente-tempada-na-3a-division [3] whatsapp://send?text=Operación renovación no CD Arenteiro para afrontar unha esixente tempada na 3ª división http://copecarballino.es/novas/operacion-renovacion-no-cd-arenteiro-para-afrontar-unha-esixente-tempada-na-3a-division [4] https://www.copecarballino.es/print/48645