Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Xunta incrementa este ano nun 18% as horas de atención no fogar no concello do Carballiño, ata acadar as 42.000 anuais

26, Novembro 2018 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A conselleira de Política Social, Fabiola García, reiterou nunha entrevista co alcalde do Carballiño, Francisco José Fumega, o compromiso da Xunta de atender á preferencia que teñen as persoas maiores de envellecer na súa contorna.

Ao respecto, indicou que o Goberno galego incrementou este ano un 18% o número de horas de atención no fogar postas á disposición do concello carballiñés, ata acadar as 42.400 anuais para así achegar os coidados a un maior número de vivendas con persoas en situación de dependencia.

Fabiola García e o primeiro edil do Carballiño acordaron continuar coas liñas de colaboración abertas na procura de que os veciños e veciñas desta localidade teñan uns recursos e servizos sociais próximos e de calidade tanto no eido da atención ás persoas maiores como nos centrados nas familias e no apoio ás persoas en risco de exclusión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/xunta-incrementa-este-ano-nun-18-horas-de-atencion-no-fogar-no-concello-do-carballino-ata

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-incrementa-este-ano-nun-18-horas-de-atencion-no-fogar-no-concello-do-carballino-ata [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xunta-incrementa-este-ano-nun-18-horas-de-atencion-no-fogar-no-concello-do-carballino-ata [3] whatsapp://send?text=A Xunta incrementa este ano nun 18% as horas de atención no fogar no concello do Carballiño, ata acadar as 42.000 anuais http://copecarballino.es/novas/xunta-incrementa-este-ano-nun-18-horas-de-atencion-no-fogar-no-concello-do-carballino-ata [4] https://www.copecarballino.es/print/49188