Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Festa dos Maiores reunirá este próximo sábado a unhas 3.000 persoas no parque municipal

17, Xuño 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O parque municipal do Carballiño voltará a ser este próximo sábado, 22 de xuño, o marco no que se desenvolva a Xuntanza de Maiores, que celebrará a súa 41 edición.

O evento presentouse no trascurso dun acto ao que asistiron a delegada, Marisol Díaz Mouteira; o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.

Agárdase a asistencia de máis de tres mil persoas pertencentes aos centros socio-comunitarios de Galicia, que se desplazarán na súa maioría en autobuses.

Marisol Díaz cualificou a xuntanza como o encontro anual de maiores de referencia en Galicia, no que se rende homenaxe aos maiores nunha xornada de convivencia.

Francisco Fumega agradeceu o esforzo que realiza a Xunta de Galicia para que esta xuntanza volte a acadar o pulo que tivo hai anos, e destacou a empatía e espíritu de colaboración que existe entre o concello do Carballiño e a Xunta de Galicia polo ben da cidadanía, neste caso das persoas maiores.

Ildefondo de la Campa correspondeu ao agradecemento do alcalde e resaltou o programa previsto para a Xuntanza, que contará coa animación da orquestra M5-Galicia e coa colaboración do presentador do programa Land Rober Tunai Show da TVG, Roberto Vilar. Haberá xogos, actividades, baile e agasallos para os asistentes á Xuntanza, que comezará ás 11 da mañá e rematará ás 8 da tarde.

O director xeral de Maiores destacou como obxectivo desta celebración o agradecemento aos maiores por toda unha vida, e animou á xente a acudir este próximo sábado ao parque municipal do Carballiño.

A recepción de autoridades terá lugar ás 12,00 h., e o acto central comezará ás 12,30 h.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/festa-dos-maiores-reunira-este-proximo-sabado-unhas-3000-persoas-no-parque-municipal

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-dos-maiores-reunira-este-proximo-sabado-unhas-3000-persoas-no-parque-municipal [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/festa-dos-maiores-reunira-este-proximo-sabado-unhas-3000-persoas-no-parque-municipal [3] whatsapp://send?text=A Festa dos Maiores reunirá este próximo sábado a unhas 3.000 persoas no parque municipal http://copecarballino.es/novas/festa-dos-maiores-reunira-este-proximo-sabado-unhas-3000-persoas-no-parque-municipal [4] https://www.copecarballino.es/print/50342