Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común busca o apoio de PP e BNG para forzar a convocatoria dun pleno extraordinario no que se debata a "confusa política fiscal e recadatoria" do concello

10, Setembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Grupo Municipal de Espazo Común no Concello do Carballiño ven de rexistrar unha moción para que "se aclare en pleno a situación dos moitos decretos de alcaldía cancelando débedas municipais por non ter sido notificados os interesados nos derradeiros cinco anos".

"É moi evidente que, atendendo aos nomes de empresas e particulares, a meirande parte, de sobra recoñecibles e localizables, hai dúbidas máis que fundadas sobre a xestión feita pola empresa adxudicataria do servizo de recadación municipal", subliñan.

E engaden "máis aínda cando xa demandamos hai dous meses información sobre a cuestión e non recibimos ningunha resposta en absoluto".

Por todo iso e a maiores da moción que se adxunta, desde Espazo Común xa entraronE E en contacto con BNG e PP para facerlles chegar a nosa proposta de celebración dun pleno extraordinario no que se debatan e clarifiquen tódolas circunstancias de díficil comprensión para a veciñanza e que atinxen á política fiscal e recadatoria do Concello.

"É necesario o acordo dos tres grupos da oposición para poder forzar ese pleno no que se dean as explicacións que agora mesmo se están a negar á cidadanía", remarcan dende ESCO.

Finalmente, manifestan que "mocións sobre a repentina e desafortunada regularización da taxa de lixo en Arcos sen ter en conta a particularidade da cesión do monte comunal; a moción con respecto a unha rebaixa do IBI anunciada hai case 8 meses e que agora semella ter caído no esquecemento e a derradeira ésta que presentamos hoxe, deben ser tratadas en pleno canto antes para solventar os posibles problemas sobre a xestión".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/espazo-comun-busca-o-apoio-de-pp-e-bng-para-forzar-convocatoria-dun-pleno-extraordinario-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-busca-o-apoio-de-pp-e-bng-para-forzar-convocatoria-dun-pleno-extraordinario-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-busca-o-apoio-de-pp-e-bng-para-forzar-convocatoria-dun-pleno-extraordinario-no [3] whatsapp://send?text=Espazo Común busca o apoio de PP e BNG para forzar a convocatoria dun pleno extraordinario no que se debata a [4] https://www.copecarballino.es/print/51182