Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > 17 de Setembro: O Carballiño celebra o dia do Patrón San Cibrán, con procesión, concerto, charangas, festa infantil, concurso de chave e verbena coas orquestras Pontevedra e Panorama

16, Setembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Dia festivo de carácter local no municipio do Carballiño, como cada 17 de Setembro celebrando a festividade do patrón San Cibrán, que sairá en procesión ás 11:30 da mañá dende o Templo da Veracruz, co acompañamento da Banda-Escola de Música do Carballiño que despóis, á unha e media da tarde ofrecerá un concerto na Praza Emilia Pardo Bazán.

Antes, dende as 11 da mañá terémos animación de rúa coas Charangas Castro Bello e Doctor Anchoa.

Pola tarde, ás 5 actividades infantís e animación musical do D.J. Tibu na Praza Maior, e a mesma hora na explanada de entrada do parque municipal iniciaráse a XXXVII edición do Concurso de Chave das Festas do Setembro.

Pola noite, para a verbena, dúas orquestras. Na Praza Maior a orquestra Pontevedra ofrecerá dous pases en horarios de 20:30 a 22 horas e de 00:00 a 01:30 horas, mentres que a orquestra-espectáculo Panorama instalará o seu escerario móbil na rúa Evaristo Vaamonde cara a Praza da Veracruz, onde actuará nos seguintes horarios: de 22:15 a 23:45 horas e de 01:30 a 03:00 da madrugada.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/17-de-setembro-o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibran-con-procesion-concerto

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/17-de-setembro-o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibran-con-procesion-concerto [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/17-de-setembro-o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibran-con-procesion-concerto [3] whatsapp://send?text=17 de Setembro: O Carballiño celebra o dia do Patrón San Cibrán, con procesión, concerto, charangas, festa infantil, concurso de chave e verbena coas orquestras Pontevedra e Panorama http://copecarballino.es/novas/17-de-setembro-o-carballino-celebra-o-dia-do-patron-san-cibran-con-procesion-concerto [4] https://www.copecarballino.es/print/51254