Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O Arenteiro sigue coa pólvora mollada e cede outro empate (0-0) ante o Polvorín

22, Setembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Partido con pouca historia o visto esta tarde de domingo no Estadio de Espiñedo, con apenas ocasións de gol en ambas áreas,  nin Arenteiro nin Polvorín foron capaces de facer mover o marcador.

Con este resultado, ambos equipos caen a postos de descenso cando van consumidas cinco xornadas, ainda que tanto Arenteiro como Polvorín son aínda equipos en construcción polos moitos cámbeos que tiveron en relación á tempada pasada, e ambos están chamados a escalar na táboa de clasificación conforme vaia avanzando a competición.

Eso si, o Arenteiro deberá resolver o problema que ten cara o gol, porque un único gol en cinco partidos está penalizando e moito a este equipo. 

No partido ante os lucenses apenas unha ocasión clara de gol, a de Joni na segunda parte, que so ante o porteiro do Polvorín cruzou demáis o balón e saíu fora.

Tamén os visitantes tiveron dúas ocasións para adiantarse na primeira parte, pero afortudamente para os intereses do Arenteiro, fallaron ambas.

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón:http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614698&cod_acta=614698 [5]

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-arenteiro-sigue-coa-polvora-mollada-e-cede-outro-empate-0-0-ante-o-polvorin

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-sigue-coa-polvora-mollada-e-cede-outro-empate-0-0-ante-o-polvorin [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-sigue-coa-polvora-mollada-e-cede-outro-empate-0-0-ante-o-polvorin [3] whatsapp://send?text=O Arenteiro sigue coa pólvora mollada e cede outro empate (0-0) ante o Polvorín http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-sigue-coa-polvora-mollada-e-cede-outro-empate-0-0-ante-o-polvorin [4] https://www.copecarballino.es/print/51344 [5] http://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=614698&cod_acta=614698