Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Praza de Arenteiro, en Piñor, acolle este sábado pola tarde o 1º Encontro de Familas, coa casa dos xogos, obradoiros saudábles, contacontos e a música de Mamá Cabra, organizado pola Mancomunidade de Concellos

25, Setembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Programa de Educación Familiar da Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da actividade I Encontro de Familias, que se levará a cabo o vindeiro 28 de setembro no Concello de Piñor e, máis concretamente, na Praza de Arenteiro, no concello de Piñor.

Trátase dunha actividade lúdico-educativa totalmente gratuíta destinada a todo o grupo familiar; buscando a convivencia das diferentes familias, así como o fomento do vínculo afectivo entre as persoas membro das mesmas.

A programación, que se desenvolverá de 4 a 8 da tarde, incluirá a A Casa dos Xogos, tamén dous obradoiros de alimentación saudáble con Lucas Requejo, sesións de contacontos con Laura Míguez Escudero e fin de festa coa actuación musical en vivo do coñecido grupo galego de música infantil Mamá Cabra.

Dende o Programa de Educación Familiar buscarase dar continuidade anual a dito encontro, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, rotando cada ano o lugar de realización dentro dos diferentes Concellos Mancomunados (Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor, San Amaro).

Asi o comentaba nesta emisora de radio o presidente da Manoomunidade de Concellos do Carballiño e alcalde do Irixo Manuel Cerdeira "esta é unha primeira experiencia á que invitamos a todas as familias e a nosa intención é darlle continuidade en próximos anos nos distintos concellos, a deste sábado será en horario de tarde pero cara futuras edición a nosa idea e facéla durante todo o dia".

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/praza-de-arenteiro-en-pinor-acolle-este-sabado-pola-tarde-o-1o-encontro-de-familas-coa-casa

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/praza-de-arenteiro-en-pinor-acolle-este-sabado-pola-tarde-o-1o-encontro-de-familas-coa-casa [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/praza-de-arenteiro-en-pinor-acolle-este-sabado-pola-tarde-o-1o-encontro-de-familas-coa-casa [3] whatsapp://send?text=A Praza de Arenteiro, en Piñor, acolle este sábado pola tarde o 1º Encontro de Familas, coa casa dos xogos, obradoiros saudábles, contacontos e a música de Mamá Cabra, organizado pola Mancomunidade de Concellos http://copecarballino.es/novas/praza-de-arenteiro-en-pinor-acolle-este-sabado-pola-tarde-o-1o-encontro-de-familas-coa-casa [4] https://www.copecarballino.es/print/51378