Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común advirte sobre a supresión de prazas de estacionamento nos últimos meses nas rúas do Carballiño e propón un plan de mobilidade

11, Outubro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Espazo Común considera que “a recente supresión de moitas prazas de estacionamento en rúas céntricas pode xerar confusión e malestar entre a veciñanza”.

Neste sentido, o grupo municipal salienta a necesidade de poñer en marcha un Plan de Mobilidade que recolla, ademais, accións específicas encamiñadas a superar as barreiras arquitectónicas.

O grupo municipal de Espazo Común en O Carballiño precisa que durante os catro anos anteriores conseguíronse crear arredor de 200 novas prazas de estacionamento nas rúas Evaristo Vaamonde, Otero Pedrayo, Otero Landeiro, Ben Cho Shey e Celso Emilio Ferreiro para aliviar na medida do posible a carga das rúas máis achegadas ao centro da vila”.

Sen embargo, durante os últimos meses, “vemos que se está a emprender un camiño totalmente contrario coa supresión de prazas de aparcamento en rúas como Cuba ou a Avenida do Balneario, aplicando criterios dispares a rúas de iguais características, o cal agrava aínda máis a problemática e multiplica os prexuízos para os afectados”.

Espazo Común recorda que “se acadou un histórico consenso entre tódolos partidos e colectivos sociais para habilitar unhas zonas de aparcamento regulado gratuíto que permitiran maior rotación de coches e, polo tanto, moitas máis opcións dispoñibles” e que, sen embargo, queda pendente “a elaboración dunha ordenanza e a aprobación da partida necesaria para o equipamento dentro dos orzamentos municipais”.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/espazo-comun-advirte-sobre-supresion-de-prazas-de-estacionamento-nos-ultimos-meses-nas-ruas-do

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-advirte-sobre-supresion-de-prazas-de-estacionamento-nos-ultimos-meses-nas-ruas-do [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-advirte-sobre-supresion-de-prazas-de-estacionamento-nos-ultimos-meses-nas-ruas-do [3] whatsapp://send?text=Espazo Común advirte sobre a supresión de prazas de estacionamento nos últimos meses nas rúas do Carballiño e propón un plan de mobilidade http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-advirte-sobre-supresion-de-prazas-de-estacionamento-nos-ultimos-meses-nas-ruas-do [4] https://www.copecarballino.es/print/51631