Desenrolado por coroa.es
Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, Frrancisco Fumega. O concello está a espera de que a Xunta de Galicia, xa que este vial aínda é de titularidade autonómica, lle transfira esta estrada que en tempos correspondíase coa N-541 cando atravesaba o centro urbano do Carballiño.
A actúal rúa Ourense vai dende Conde Vallellano ata o límite co concello de Maside, nas inmediacións da rotonda da Fontela.
O rexedor municipal avanzou que a idea do concello é acometer un proxecto de humanización desta rúa, que incluirá a contrucción de beirarrúas máis amplas, novas canalizacións dos servizos de abastecemento e saneamento, e mellora da iluminación pública.
Fumega, en resposta á inquietude veciñal en relación ao exceso de velocidade no que circulan vehículos neste vial, asegurou estar informado desta problemática e avanzou que a idea do concello é instalar pasos de peóns sobreelevados como reductores de velocidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-agarda-que-xunta-lle-transfira-rua-ourense-para-acometer-sua-remodelacion
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-agarda-que-xunta-lle-transfira-rua-ourense-para-acometer-sua-remodelacion
[3] whatsapp://send?text=O concello agarda que a Xunta lle transfira a rúa Ourense para acometer a súa remodelación http://copecarballino.es/novas/o-concello-agarda-que-xunta-lle-transfira-rua-ourense-para-acometer-sua-remodelacion
[4] https://www.copecarballino.es/print/51761