Desenrolado por coroa.es
A Coral Polifónica do Casino do Carballiño celebrará este próximo sábado, 26 de outubro o 40 aniversario da súa creación e a 37 edición do Festival Galaico-Portugués de Polifonía e Canto Coral. E para participar en ambos eventos están convidadas dúas agrupacións corais de Portugal e unha de Salamanca. Trátase da Coral “Annuba”, de Salamanca; do Orfeâo da Fundaçâo Alord, de Paredes-Porto; e da Coral Caetanense de Cantanhede, de Coimbra.
O Festival terá lugar ás 20,30 h., no salón de actos do Casino do Carballiño, con entrada totalmente libre.
Tanto o festival como as actividades da conmemoración do aniversario da Coral do Casino foron presentados nun acto desenvolvido no concello ao que asistiron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a vicepresidenta da Coral do Casino, Pilar Caballero; o tesoreira da entidade, Mari Carmen Fernández, e o director da mesma, Jaime Pichel.
Ao remate do festival, as 150 persoas integrantes das catro corais participantes celebrarán unha cea de confraternidade, e o domingo 27, na misa das 12,30 na Veracruz, cantará unha destas corais en memoria de todos os coralistas e directores fallecidos. Logo habrá un xantar.
Diego Fernández loubou a traxectoria da Coral do Casino, resaltando o traballo que realizan a prol da cutura na vila e fóra nas súas viaxes. Asimesmo, destacou especialmente a etapa actual baixo a dirección de Jaime Pichel. Finalmente, animou aos veciños a participar nestes actos que, ademáis dinamizan a vila, pois conlevan unha gran ocupación hoteleira.
A Coral do Casino tivo ao longo destes corenta anos seis directores, un feito que subliñou Pilar Caballero ao referirse á traxectoria da entidade, que naceu en 1979 por iniciativa do presidente do Casino, Manuel Blanco co apoio de Juan Corral e de quen sería o primeiro director da coral José Antonio Bueno. No ano 1984 lle sucedeu Vicente Abeijón, e tras él, José Luis Reza, que coincidiu cunha etapa álxida da coral, na que se viaxou a Arxentina, Venezuela e México; logo virían Ana Docampo Arocas, un período no que se celebrou o 25 aniversario da coral, e Begoña Alonso. Finalmente, no 2011 a dirección asumiuna Jaime Pichel, que continúa na actualidade.
Pilar Caballero dixo que a Coral ía pechar a conmemoración do 40 aniversario grabando un CD, co que se completaría a edición de CDs, ademáis dun vinilo histórico.
Jaime Pichel amosou o seu orgullo por dirixir a coral estes últimos oito anos, e agradeceu a todos os coralistas e directores o traballo realizado. Dixo que a Coral do Casino tiña moito prestixio cando asumiu a súa dirección, e que neste período intentou asumir novos retos, con cambios notables durante os concertos, como é introducir movementos coreográficos, entre outros.
Asimesmo, dixo que o lema conductor desta edición do festival é “Abioxénese 79”, en referencia ao nacemento da Coral, e que o programa do concerto é o máis galaico-portugués da historia, xa que ademáis das dúas corais portuguesas actúa unha de Salamanca, en clara alusión á antiga Gallaecia e Lusitania, que abarcaba o territorio enriba do río Douro, por esto o concerto deste sábado recibe o nome de "Galaicus"
Mari Carmen Fernández agradeceu a colaboración da Deputación Provincial de Ourense, Concello do Carballiño, Casino, Carpintería Canosa, Axencia Garriga e Confitería Cerviño, así como de todos os compañeiros coralistas e directores.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concerto-galaicus-que-conmemora-o-40-aniversario-da-fundacion-da-coral-do-casino-trae-este
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concerto-galaicus-que-conmemora-o-40-aniversario-da-fundacion-da-coral-do-casino-trae-este
[3] whatsapp://send?text=O concerto
[4] https://www.copecarballino.es/print/51801