Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O concello reparte entre o alumnado de infantil e primaria o libro dos bolechas "Macrofesta no Carballiño" para sensibilizar na igualdade

29, Outubro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación, Guadalupe Sobrado, presentou hoxe no colexio Vila do Arenteiro un libro-guía de Os Bolechas editado polo concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, e que ten por título “Macrofesta no Carballiño. Pais, nais, Mestres, mestras, nenos e nenas”.

Trátase de distribuir mil libros en todos os centros educativos do Carballiño co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de educar en igualdade e contra a violencia de xénero, implicando a todos os estamentos que conflúen no sistema educativo: alumnos, profesores, país e nais e anpas.

A publicación, de 32 páxinas, contén textos e ilustracións alusivas a aqueles elementos máis significativos do Carballiño, como son o Concello, o Templo da Veracruz, o Parque Municipal, O Museo Etnográfico do Arenteiro, a fonte do concello, a estación de Renfe, a Festa do Pulpo ou o monumento Munten da Praza do Emigrante.

Asimesmo, na penúltima páxina inclúese un plano do Carballiño coa localización de todos estes lugares e referencias.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-concello-reparte-entre-o-alumnado-de-infantil-e-primaria-o-libro-dos-bolechas-macrofesta-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-reparte-entre-o-alumnado-de-infantil-e-primaria-o-libro-dos-bolechas-macrofesta-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-reparte-entre-o-alumnado-de-infantil-e-primaria-o-libro-dos-bolechas-macrofesta-no [3] whatsapp://send?text=O concello reparte entre o alumnado de infantil e primaria o libro dos bolechas [4] https://www.copecarballino.es/print/51871