Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Alerta laranxa: os efectos do temporal déixanse sentir mesmo no casco urbano do Carballiño, recoméndase extremar as precaucións.

21, Decembro 2019 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os riscos son evidentes mesmo no casco urbano do Carballiño, como pode apreciarse na foto, nesta mañá de sábado ao desprenderse unha  plancha de uralita da fachada dun edificio sobre o paso de peóns a altura do nº 1 da Avenida de Julio Rodríugez Soto, afortunadamente non houbo que lamentar danos para as persoas.

Os bombeiros do Carballiño foron requeridos para previr a posible caída doutras planchas da fachada deste mesmo edificio. Non foi a única incidencia de risco na mañá deste sábado xa que tamén se desprendeu parte da cuberta da oficina municipal de turismo sita na Alameda, á beira do parque infantil, a unha hora na que había varios usuarios na zona de xogos, que alertaron do sucedido á Policia Local.

Recoméndase á poboación evitar expoñerse en lugares de risco ante os refachos de vento que no transcurso da xornada poderían acadar velocidades máximas entre os 110 kms hora do Carballiño e os 140 kms hora no municipio de Avión.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/alerta-laranxa-os-efectos-do-temporal-deixanse-sentir-mesmo-no-casco-urbano-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/alerta-laranxa-os-efectos-do-temporal-deixanse-sentir-mesmo-no-casco-urbano-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/alerta-laranxa-os-efectos-do-temporal-deixanse-sentir-mesmo-no-casco-urbano-do-carballino [3] whatsapp://send?text=Alerta laranxa: os efectos do temporal déixanse sentir mesmo no casco urbano do Carballiño, recoméndase extremar as precaucións. http://copecarballino.es/novas/alerta-laranxa-os-efectos-do-temporal-deixanse-sentir-mesmo-no-casco-urbano-do-carballino [4] https://www.copecarballino.es/print/52507