Desenrolado por coroa.es
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou, acompañada da delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o alcalde do Carballiño Francisco Fumega, aos usuarios do programa Xuntos polo Nadal na residencia de tempo libre do Carballiño, onde pasarán estas datas.
Alí destacou que o obxectivo da Xunta de Galicia é evitar a soidade de todas as persoas maiores no Nadal para o que se incrementaron este ano en 35 as prazas desta iniciativa ata acoller a 295 usuarios.
Fabiola García sinalou que desde este luns e ata o 7 de xaneiro as persoas que se benefician deste programa poderán celebrar estas datas en compañía. Na residencia de tempo libre do Carballiño pasarán o Nadal máis dun centenar de maiores, procedentes de disntintos puntos da xeografía galega.
Este programa está dirixido a persoas que superan os 60 anos e que viven soas nos seus domicilios. Na selección dos participantes dáse preferencia aos de máis idade, aos que non participasen en edicións anteriores e aos que teñan menos ingresos.
De feito, aquelas persoas con ingresos inferiores ao Iprem (537 euros) asisten de forma gratuíta e aquelas que estean por riba desta contía abonan o prezo simbólico de 50 euros, que ademais da estadía e manutención inclúe a viaxe desde as súas lugares de orixe á residencia e tamén o regreso unha vez finalizada a estancia.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/residencia-de-tempo-libre-do-carballino-acolle-ata-o-7-de-xaneiro-o-programa-para-persoas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/residencia-de-tempo-libre-do-carballino-acolle-ata-o-7-de-xaneiro-o-programa-para-persoas
[3] whatsapp://send?text=A Residencia de Tempo Libre do Carballiño acolle ata o 7 de Xaneiro o programa para persoas maiores
[4] https://www.copecarballino.es/print/52535