Desenrolado por coroa.es
Un total de vinte rúas do casco urbano do Carballiño serán acondicionadas a comezos do próximo ano, e para o cal o concello destina un orzamento de mais de 500.000 euros.
Trátase de catro proxectos de acondicionamento, que inclúe a renovación da rede de abastecemento, alcantarillado, iluminación, beirarrúas e asfaltado en quente.
Estes proxectos atinxen ás rúas Solana, San Benito, Madanela e Saleta, por un lado; Beariz, Maside, Leiro, Punxín, Boborás e San Amaro, por outro; Illas Baleares, Cataluña, Madrid, Extremadura, País Vasco, Navarra, La Rioja e Aragón, en terceiro lugar; e finalmente, as rúas Eusebio Lorenzo e Blanco Amor.
Estes proxectos atópanse neste intre na fase inicial de contratación, que rematará coa adxudicación das obras nos primeiros meses do novo ano 2020.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-despide-o-ano-anunciando-un-investimento-de-medio-millon-de-euros-para-reforma
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-despide-o-ano-anunciando-un-investimento-de-medio-millon-de-euros-para-reforma
[3] whatsapp://send?text=O concello despide o ano anunciando un investimento de medio millón de euros para a reforma integral de 20 rúas do casco urbano http://copecarballino.es/novas/o-concello-despide-o-ano-anunciando-un-investimento-de-medio-millon-de-euros-para-reforma
[4] https://www.copecarballino.es/print/52541