Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Once grupos de música tradicional animan a tarde-noite deste sábado no Carballiño co festival de cantos de taberna

10, Xaneiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O certame de Cantos de Taberna “No bico un cantar”, que este ano chega á súa sexta edición, será o de maior participación tanto de grupos de música popular como de locais hostaleiros nos que se desenvolverá esta actividade. O evento, que reunirá a once grupos, e no que participan once locais hostaleiros, foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura,

Diego Fernández, e a integrante da asociación cultural Terras do Arenteiro, Asun Adá, que organiza o festival en colaboración co concello do Carballiño. A partir das 8 da tarde deste sábado, 11 de xaneiro, e ata pasada a medianoite, os grupos “Música Tradicional Rubulir”, de Ramirás; “Lembranza Solpor”, de Celanova; “Os da Cuña”, de Ourense; “As Faíscas”, de Boborás; “Feitizo de Pau”, de Cea; “Banda de Gaitas do Irixo”, “Cotovías”, de Maside; “Tokaide”, de Partovia; “Serandeiros”, do Carballiño; “O Canto do Viri”, do Carballiño, e “Terras do Arenteiro”, tamén do Carballiño, actuarán nos locais Brioche, Caserío, Don Paco, Ernesto, Estate Quieto, A Fuchela, Ningures, Plaza, Riquirmo e Soldado, ademais de O Fiadeiro, onde será o fin de festa.

En cada local actuarán tres grupos, alternándose nos diferentes locais, ás 8, 9, 10 e 11 da noite. O festival ábrese ás 8 no Ernesto, e o fin de festa será a partir das 12 da noite no Fiadeiro.

Diego Fernández dixo que esta edición supoñía un récord de participación de grupos e locais, e que o obxectivo era recuperar a música popular e tradicional de Galicia. Agradeceu a colaboración dos once locais adheridos a esta iniciativa e a da asociación cultural Terras do Arenteiro, organizadora do evento.

Finalmente, animou á participación veciñal así como da xente da comarca e a todas as persoas interesadas na recuperación da música e as cancións populares de Galicia.

Asun Adá agradeceu ao concello a confianza depositada na asociación cultural Terras do Arenteiro para organizar o festival, e asegurou que se trata dunha das mellares iniciativas para resaltar a cultura tradicional deste O Carballiño. Tamén dixo que ainda que había máis grupos propostos, fíxose unha selección para que a xente poida acudir a todos os lugares. Neste senso detacou a participación de grupos do Carballiño, así como da comarca, das Terras de Celanova e da capital ourensá.

Tamén resaltou que no fin de festa actuarán todos os grupos participantes ademáis de Terras do Arenteiro. E finalmente, agradeceu a todos os grupos a súa participación.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/once-grupos-de-musica-tradicional-animan-tarde-noite-deste-sabado-no-carballino-co-festival-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/once-grupos-de-musica-tradicional-animan-tarde-noite-deste-sabado-no-carballino-co-festival-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/once-grupos-de-musica-tradicional-animan-tarde-noite-deste-sabado-no-carballino-co-festival-de [3] whatsapp://send?text=Once grupos de música tradicional animan a tarde-noite deste sábado no Carballiño co festival de cantos de taberna http://copecarballino.es/novas/once-grupos-de-musica-tradicional-animan-tarde-noite-deste-sabado-no-carballino-co-festival-de [4] https://www.copecarballino.es/print/52600