Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > O CSIF mostra a súa preocupación polo xuizo da demanda da RPT do concello do Carballiño, interposta polo exconcelleiro Bernardo García

17, Xaneiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

A vindeira semana vaise celebrar o xuizo pola demanda interposta polo ex-concelleiro de Alternativa Veciñal, Bernardo García, contra a RPT do Concello de Carballiño.

O sindiato CSIF "expresa a súa fonda preocupación pola dita demanda e a falta de información por parte do Concello de Carballiño en relación coa mesma".

Dende esta central sindical manifestan que "no caso de prosperar a demanda caería unha RPT, que foi un primeiro paso de moitos, que ten que dar o Concello do Carballiño, para a mellora das condicións laborais e económicas do persoal. Sendo a primeira RPT do Concello do Carballiño e que se acadou logo dunha longa negociación, de mais de dous anos, e cun amplo consenso da parte sindical e política".

Consideran que no caso de prosperar a demanda "cousa que a priori vemos difícil, xa que conta con todos os informes favorables, o persoal do Concello do Carballiño, veríase moi perxudicado nos seus dereitos laborais e económicos e isto afectaríalle aos vecinos do Carballiño na prestación de servizos".

Dende o CSIF pídenlle expresamente ao alcalde do Concello do Carballiño, como máximo responsable da política de persoal que adopte as medidas oportunas e se implique sen “medias tintas” na defensa da RPT, xa que a súa anulación "afectaría tanto ao persoal como a veciñanza do Concello de Carballiño",subliñan.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/o-csif-mostra-sua-preocupacion-polo-xuizo-da-demanda-da-rpt-do-concello-do-carballino

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-csif-mostra-sua-preocupacion-polo-xuizo-da-demanda-da-rpt-do-concello-do-carballino [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-csif-mostra-sua-preocupacion-polo-xuizo-da-demanda-da-rpt-do-concello-do-carballino [3] whatsapp://send?text=O CSIF mostra a súa preocupación polo xuizo da demanda da RPT do concello do Carballiño, interposta polo exconcelleiro Bernardo García http://copecarballino.es/novas/o-csif-mostra-sua-preocupacion-polo-xuizo-da-demanda-da-rpt-do-concello-do-carballino [4] https://www.copecarballino.es/print/52651