Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > A Ruta das Tapas do mes de Febreiro está dedicada á gastronomia do entroido

4, Febreiro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Os dezaseis locais hostaleiros inscritos na Ruta das Tapas ofrecerán este venres, 7, e o seguinte, 14 de febreiro, tapas baseadas na gastronomía propia do entroido, que se servirán ao prezo de 2 euros. Así mesmo, sortearase entre os clientes que participen nesta nova xornada unha estancia de fin de semana para dúas persoas no hotel spa Oca Augas Santas de Ferreira de Pantón.

O evento foi presentado este mediodía no Bar Soldado coa presencia do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a relacións públicas de Pazo Tizón, Raquel Cabo, e representantes dos locais hostaleiros.

Ao término da presentación realizouse o sorteo correspondente á ruta das tapas do mes de xaneiro, consistente nunha fin de semana para dúas persoas nun hotel spa de Sanxenxo, e cuxa afortunada foi Cristina Vázquez.

Manuel Dacal diulle a noraboa por teléfono en nome dos hostaleiros, de Pazo Tizón e do Centro Comercial Aberto. Tamén agradeceu a colaboración e a creatividade da hostalería carballiñesa, que se supera en cada xornada e contribúe a que a ruta das tapas teña o éxito que ten. Recordou que na APP quedamosdetapas.com pódense ver as diferentes propostas culinarias destas novas xornadas das tapas, baseadas na gastronomía propia do entroido.

Raquel Cabo amosou a súa satisfacción por colaborar con esta iniciativa e agradeceu a confianza do sector hostaleiro nos viños da adega Pazo Tizón.

En nome do sector hostaleiro, a xerente do Bar Soldado animou á veciñanza a participar nestas novas xornadas das tapas e a disfrutar das diferentes propostas de cada establecemento.

Filloas recheas de xamón e queixo San Simón da costa, tostas de lacón e queixo de Arzúa, flan de filloa, filloa rechea de grelos con langostinos, burritos de cachucha prensada e salsa picante, arepas recheas de lacón cocido e outras tapas saladas e douces completan a ampla gama de posibilidades de degustar os productos típicos desta época do ano.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/ruta-das-tapas-do-mes-de-febreiro-esta-dedicada-gastronomia-do-entroido

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/ruta-das-tapas-do-mes-de-febreiro-esta-dedicada-gastronomia-do-entroido [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/ruta-das-tapas-do-mes-de-febreiro-esta-dedicada-gastronomia-do-entroido [3] whatsapp://send?text=A Ruta das Tapas do mes de Febreiro está dedicada á gastronomia do entroido http://copecarballino.es/novas/ruta-das-tapas-do-mes-de-febreiro-esta-dedicada-gastronomia-do-entroido [4] https://www.copecarballino.es/print/52808