Desenrolado por coroa.es
Debido á previsión de chuvia para este domingo, 1 de marzo, e "tendo en conta que hai unha certa probabilidade de que escampe entre as 12,00 e as 18,00 h., o concello tomou a decisión de manter o desfile e animación de rúa do mediodía, coas charangas, folións e entroido de Amoeiro, e suspender o desfile da tarde co resto das comparsas, así como a actuación da orquestra D´Moda", confirman dende o concello do Carballiño.
Tanto os folións como as charangas animarán a rúa do Paseo tamén pola tarde e debaixo da carpa instalada na Praza Maior.
Este cambio no programa -comunican dende o concello do Carballiño- non afecta ao xantar da cachucha e cocido do entroido nos establecementos hostaleiros, que a día de hoxe contan cun número elevado de reservas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/debido-prevision-de-chuvia-para-este-domingo-o-concello-suspende-o-desfile-da-tarde-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/debido-prevision-de-chuvia-para-este-domingo-o-concello-suspende-o-desfile-da-tarde-e
[3] whatsapp://send?text=Debido á previsión de chuvia para este domingo: o concello suspende o desfile da tarde e a orquestra, e mantén o resto da programación da Festa da Cachucha http://copecarballino.es/novas/debido-prevision-de-chuvia-para-este-domingo-o-concello-suspende-o-desfile-da-tarde-e
[4] https://www.copecarballino.es/print/53089