Desenrolado por coroa.es
Se a do ano pasado fora sen dúbida a mellor da súa historia, a 26ª Festa da Cachucha, a deste 2020 resultou a máis flouxa dos últimos anos.
Tan so á hora do xantar nos restaurantes carballiñeseses que servían o cocido de cachucha mantívose a afluencia de comensais, aínda que en menor número do ano pasado, e nalgún restaurante mesmo tiveron cancelación de reservas.
Tampouco o ambiente no desfile matinal foi o de outros anos, e eso que durante toda a mañá non houbo chuvias, pola tarde a celebración pasou practicamente desapercibida.
Sen dúbida, que o tempo condicionou negativamente a convocatoria, asi como a suspensión das actividades festivas da tarde, tanto o desfile de comparsas como a actuación da orquestra. Precisamente, algunhios hosteleiros non comparten a decisión de anunciar a suspensión das actividades con tanta antelación, fíxose na mañá do venres, o que tamén tería restado afluencia de visitantes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-tempo-enfriou-cachucha-con-boa-asistencia-ao-xantar-pero-escaso-ambiente-nas-ruas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-tempo-enfriou-cachucha-con-boa-asistencia-ao-xantar-pero-escaso-ambiente-nas-ruas
[3] whatsapp://send?text=O tempo enfriou a cachucha, con boa asistencia ao xantar pero escaso ambiente nas rúas http://copecarballino.es/novas/o-tempo-enfriou-cachucha-con-boa-asistencia-ao-xantar-pero-escaso-ambiente-nas-ruas
[4] https://www.copecarballino.es/print/53116