Desenrolado por coroa.es
O esposo da carballiñesa de 69 anos que se infectou co virus nunha viaxe fora de Galicia, deu negativo nas probas de coronavirus que lle realizaron, igual que o resto de famiiares e as poucas persoas coas que estivo en contacto tras regresar ao seu domicilio no Carballiño.
A muller continúa hospitalizada no CHOU e a súa evolución continúa sendo moi favorable.
Por vez pirmeira dende que entramos en estado de alerta a curva de contaxio polo COVI-19 é descendente, tanto en Galicia como na Área Sanitaria de Ourense, na que se contabilizaron 10 novos casos positivos en coronavirus nas útlimas 24 horas e según os datos actualizados este mediodia, que sitúa o número de persoas contaxiadas en 152 na provincia.
De todos os xeitos e según as previsións das autoridades sanitarias o pior da pandemia aínda estaría por chegar a Galicia, os especialistas sitúan o pico para a semana que ven.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-familiares-da-carballinesa-hospitalizada-co-coronavirus-dan-negativo-nas-probas-realizadas
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-familiares-da-carballinesa-hospitalizada-co-coronavirus-dan-negativo-nas-probas-realizadas
[3] whatsapp://send?text=Os familiares da carballiñesa hospitalizada co coronavirus dan negativo nas probas realizadas http://copecarballino.es/novas/os-familiares-da-carballinesa-hospitalizada-co-coronavirus-dan-negativo-nas-probas-realizadas
[4] https://www.copecarballino.es/print/53348