Desenrolado por coroa.es
Unha dotación da Unidade Militar de Emerxencias realizou esta mañá labores de desinfección nas resindencias públicas de maiores do Carballiño, no Cornuval.
O alcalde do Carballiño Francisco Fumega confirmou a esta emisora de radio que, a maiores, tamén se realizan traballos de desinfección nos exteriores das dúas residencias de mairores privadas que temos no Carballiño, a de Partovia e a residencia dos Irmáns Prieto, que coas súas 119 praza é a de máis alta ocupación de toda a comarca.
Mentres, nos concellos de 5.000 habitantes, é decir todos os da comarca agás O Carballiño, son os bombeiros forestais e os profesionais do Servizo de prevención e extinción de incendios da Xunta de Galicia os que desde onte realizar labores de desinfección, que xa fixeron nos exteriores das residencias de Maside e San Amaro, e esta mesma mañá na casa de maiores de Dacón.
Tamén actuarán nos exteriores dos centros de saúde, complementando os traballos que xa están levando a cabo os respectivos concellos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-dotacion-da-ume-desinfecta-residencia-de-maiores-do-cornuval-mentres-os-bombeiros
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-dotacion-da-ume-desinfecta-residencia-de-maiores-do-cornuval-mentres-os-bombeiros
[3] whatsapp://send?text=Unha dotación da UME desinfecta a residencia de maiores do Cornuval, mentres os bombeiros forestais fano nas residencias da comarca http://copecarballino.es/novas/unha-dotacion-da-ume-desinfecta-residencia-de-maiores-do-cornuval-mentres-os-bombeiros
[4] https://www.copecarballino.es/print/53358