Desenrolado por coroa.es
Esta pasada noite levouse a cabo outra labor importante de desinfección de rúas e espazos públicos da vila, ampliando o ámbito do traballo ata as parroquias, como Señorín, Mesego e Arcos, así como en rúas de fóra do casco urbano.
Este proceso de desinfección realízase con moita efectividade gracias a dous tractores da zona do Ribeiro, mediante unha colaboración totalmente desinteresada, e tamén gracias á colaboración, por segunda semana, do tractorista “Peleteiro”, da Adega Casal de Armán.
O Concello do Carballiño agradece estas colaboracións, totalmente solidarias, que supoñen un gran avance nos traballos de desinfección de rúas e espazos públicos do Carballiño, enmarcados dentro das medidas preventivas polo coronavirus.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-amplia-os-traballos-de-desinfeccion-barrios-e-parroquias-de-arcos-senorin-e-mesego
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-amplia-os-traballos-de-desinfeccion-barrios-e-parroquias-de-arcos-senorin-e-mesego
[3] whatsapp://send?text=O concello amplía os traballos de desinfección a barrios e ás parroquias de Arcos, Señorín e Mesego http://copecarballino.es/novas/o-concello-amplia-os-traballos-de-desinfeccion-barrios-e-parroquias-de-arcos-senorin-e-mesego
[4] https://www.copecarballino.es/print/53384