Desenrolado por coroa.es
Espazo Común acusou ao concelleiro socialista de protagonizar un reparto "caciquil e vergonzoso" de mascarillas de protección de forma discrecional sen ningún tipo de criterio sanitario e en base "á súa lista de amistades".
Consideraba como "moi grave" a actitude do concelleiro Manuel Dacal e mesmo pedía ao alcalde o "cese fulminante" do seu concelleiro.
Na sección "DENUNCIAS" desta mesma páxina Web podes ver íntegro o comunicado emitido por Espazo Común.
Pois ben, o PSOE cualifica as críticas de ESCO como "miserables" e defende a actuación do concelleiro socialista no reparto de mascarillas en base a unha lista do concello de persoas maiores de 80 anos ou que viven soas, afirman.
No arquivo adxunto podes acceder ao comunicado íntegro do PSOE do Carballiño.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-sae-en-defensa-de-dacal-despois-das-criticas-de-espazo-comun-ao-concelleiro-polo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psoe-sae-en-defensa-de-dacal-despois-das-criticas-de-espazo-comun-ao-concelleiro-polo
[3] whatsapp://send?text=O PSOE sae en defensa de Dacal, despois das críticas de Espazo Común ao concelleiro
[4] https://www.copecarballino.es/print/53492
[5] https://www.copecarballino.es/sites/default/files/nota_psoe_carballino.pdf