Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño está colaborando "intensamente coas direccións dos centros educativos facilitando o traslado de libros escolares desde os colexios aos domicilios dos alumnos e alumnas", informan dende a institución municipal.
Así mesmo, realízase o servizo de reprografía para fotocopiar apuntes e traballos escolares.
O transporte dos libros lévase a cabo a través dos integrantes de Protección Civil, e o servizo de reprografía aténdese a través de persoal do concello, e son os pais ou titores quenes se encargan de recoller as fotocopias.
Estes servizos, que o concello puxo en marcha hai dúas semanas co obxectivo de dar cobertura ás direccións dos centros, "intensificáronse estes últimos días e estarán operativos mentres dure o confinamento", aseguran dende o concello.
E aclaran que son as direccións dos colexios quen comunican ao concello que libros e material escolar deben ser trasladados aos domicilios dos alumnos e alumnas, e son tamén estas direccións quen remiten ao concello os apuntes e traballos que deben ser fotocopiados.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-intensifica-colaboracion-coas-direccions-dos-centros-educativos-co-servizo-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-intensifica-colaboracion-coas-direccions-dos-centros-educativos-co-servizo-de
[3] whatsapp://send?text=O concello
[4] https://www.copecarballino.es/print/53576