Desenrolado por coroa.es
As oficinas municipais volveron abrir esta mañá a atención presencial ao público despóis de que fosen pechadas dende o xoves da pasada semana para os traballos de desinfección,, e tras confirmarse un primeiro caso de positivo en coronavirus por parte dun traballor municipal que desenvolve a súa actividade na casa do concello carballiñés.
O alcalde Francisco Fumega, en declaracións feitas en COPE O Carballiño, informou hoxe que son varios os traballadores municipais, todos os que estiveron en contacto coa persoa contaxiada co COVI-19, os que permanecen "en observación médica" nos seus domicilios, segundo o protocolo para estes casos, para os que se fixa un periodo de cuarentena.
Ningún outro traballador ou traballadora está afectado pola enfermidade, según asegurou o rexedor municipal, xa que todas as persoas que están "en observación" é como medida preventiva.
Nas distintas dependencias, salvo a Policia Local que mantén toda a súa operatividade, "estamos baixo mínimos e mantendo a actividade a través do teletraballo", subliñou o alcalde.
Tamén está baixo mínimos a afluencia de público á casa do concello, que foi esta mañá ainda máis escasa do que ven sendo dende que se decretou o estado de alarma.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/recuperase-atencion-ao-publico-nas-oficinas-municipais-baixo-minimos-e-con-varios
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/recuperase-atencion-ao-publico-nas-oficinas-municipais-baixo-minimos-e-con-varios
[3] whatsapp://send?text=Recupérase a atención ao público nas oficinas municipais, baixo mínimos e con varios traballadores en cuarentena http://copecarballino.es/novas/recuperase-atencion-ao-publico-nas-oficinas-municipais-baixo-minimos-e-con-varios
[4] https://www.copecarballino.es/print/53578