Desenrolado por coroa.es
O concello do Carballiño comezou o envío por correo postal de máis de 2.000 mascarillas ás persoas maiores de 80 anos e cónxuxes que residen no municipio carballiñés.
Os sobres que conteñen as mascarillas están sendo preparados por persoal do concello debidamente protexido, e remítense aos domicilios das persoas que se atopan no tramo de idade senalado.
En canto remate este envío e o concello poda dispoñer de máis mascarillas, está previsto efectuar outro reparto ás persoas comprendidas entre os 70 e 80 anos.
O obxectivo do concello é que as persoas que se atopan en idade de risco polo Covid-19, podan dispoñer dalgunha mascarilla.
O concello quere agradecer a colaboración e o esforzo da oficina de Correos do Carballiño, para entregar os sobres nos correspondentes domicilios da contorna municipal.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-comeza-enviar-por-correo-postal-2000-mascaras-persoas-maiores-de-80-anos-no-proximo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-comeza-enviar-por-correo-postal-2000-mascaras-persoas-maiores-de-80-anos-no-proximo
[3] whatsapp://send?text= O concello comeza a enviar por correo postal 2.000 máscaras ás persoas maiores de 80 anos, no próximo envio recibiránas os maiores de 70 anos http://copecarballino.es/novas/o-concello-comeza-enviar-por-correo-postal-2000-mascaras-persoas-maiores-de-80-anos-no-proximo
[4] https://www.copecarballino.es/print/53584