Desenrolado por coroa.es
Máis de medio centenar de clientes do Banco Santander no Carballiño, a maioria persoas maiores, madrugaron esta mañá de xoxes para agardar a apertura da sucursal bancaria na Praza dos Irmáns Prieto do Carballiño, pero a pesar do madrugón non poideron evitar ter que facer unha moi longa cola, que seguíu sendo unha constante no transcurso da Mañá.
Horas de espera, na rúa, de pe e ao frio, mentres a entidade bancaria continúa abrindo tan so dous dias á semana, a pesar do gran volumen de actividade que ten nesta sucursal carballliñesa, o que está provocando un grave perxuizo para entre os seus clientes que, en gran número, volven mostrar o seu malestar polo trato que están recibindo, agravado dende que se decretou o estado de alarma.
Ademáis, a actitude da entidade bancaria constitúe un agravio inexplicable co Carballiño, xa que mentres esto acontece no Carballiño, reducindo a atención ao público baixo mínimos, non sucede o mesmo noutras localidades, por exemplo en Lalín, onde o Banco Santander conta con dúas sucursais, unha delas abre tamén dous dias á semana pero a outra mantén inalterable o seu horario diario de atención ao público.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/continua-o-agravio-do-banco-de-santander-sua-clientela-unica-sucursal-activa-que-ten-no
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/continua-o-agravio-do-banco-de-santander-sua-clientela-unica-sucursal-activa-que-ten-no
[3] whatsapp://send?text=Continúa o agravio do Banco de Santander a súa clientela, a única sucursal activa que ten no Carballiño abre tan so dous dias á semana http://copecarballino.es/novas/continua-o-agravio-do-banco-de-santander-sua-clientela-unica-sucursal-activa-que-ten-no
[4] https://www.copecarballino.es/print/53598