Desenrolado por coroa.es
A proposta foi presentada ante o pleno da corporación municipal no pleno do pasado martes, aínda que non obtivo resposta por parte do goberno, e sobre a mesma volveu insistir hoxe o portavoz do grupo popular Ricardo Perea no transcurso dunha interrvención nesta emisora de radio.
Os populares manifestan que non son tempos "para liortas políticas, e sí de ser responsables e traballar codo don codo coa vecñanza do concello do Carballiño que agora nos necesita máis que nunca".
Esta comisión municipal tería como finalidade traballar nun protocolo de actuación e seguridade para os veciños ante o Covid-19, unha situación que se prevé sexa de longa duración e por elo quen mellor que un especialista epidemiólogo do Servizo Galego de Saúde "se temos na corporacion a Pachi Vázquez, entendemos que é a persoa máis indicada para presidir esa comisión, que debería estar creada xa", dixo Ricardo Perea.
O Partido Popular manifesta que fai esta proposta "non por afinidade política, pero sí por coherencia e responsabilidade, que tamén e o que nos demanda maís que nunca a veciñanza, so pedimos que o grupo de goberno tamén o faga polas mesmas razóns, senón unha vez máis quedaría retratadoo", remarcan.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pp-pide-creacion-dunha-comision-municipal-de-proteccion-e-seguridade-ante-o-covid-19-e
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-pp-pide-creacion-dunha-comision-municipal-de-proteccion-e-seguridade-ante-o-covid-19-e
[3] whatsapp://send?text=O PP pide a creación dunha comisión municipal de protección e seguridade ante o Covid-19 e propón que a presida Pachi Vázquez http://copecarballino.es/novas/o-pp-pide-creacion-dunha-comision-municipal-de-proteccion-e-seguridade-ante-o-covid-19-e
[4] https://www.copecarballino.es/print/53719