Desenrolado por coroa.es
O Carballiño tiña gañas de feira, o que unido ao tempo primaveral desta mañá de sábado, propiciou un extraordinario ambiente no primeiro mercado que se celebra despois de dous meses, xa que dende que se decretou o estado de alarma non se celebraron as dúas feiras de Marzo e as outras dúas do mes de Abril.
Corenta postos foron os que se instalaron neste 16 de Maio, a maioría de "rianxo" de venda de prantas para os cultivos de horta e frores, na Praza do Balneario de a súa contorna, e en menor cantidade de alimentación na rúa Norte e a Avenida de Julio Rodríguez Soto.
A afluencia de clientes foi unha constante durante a mañá, "estamos vendedo máis do que esperarabamos, esta vindo moita xente" comentou a COPE O Carballiño un dos vendedores ubicados na rúa Uruguai.
Tamén regresaron a súa ubicación tradicional dun dia de feira a maioría das pulpeiras de Arcos, con algunhas ausencias, pero a maioría instalou as súas caldeiras de polbo nesta feira do reencontro coa súa clientela habitual.
Dende a Xefatura da Policia Local do Carballiño confirmaron a esta emisora de radio que malia a notable afluencia de público ás zonas do mercado, destacou o comportamento responsable, tratando de gardar o distanciamento entre persoas.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/dous-meses-despois-o-carballino-recupera-o-ambiente-dun-dia-de-feira-con-boa-afluencia-de
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/dous-meses-despois-o-carballino-recupera-o-ambiente-dun-dia-de-feira-con-boa-afluencia-de
[3] whatsapp://send?text=Dous meses despois, O Carballiño recupera o ambiente dun dia de feira, con boa afluencia de público http://copecarballino.es/novas/dous-meses-despois-o-carballino-recupera-o-ambiente-dun-dia-de-feira-con-boa-afluencia-de
[4] https://www.copecarballino.es/print/53730