Desenrolado por coroa.es
O proxecto de restauración das pinturas murais da igrexa do mosteiro de Oseira a punto de rematarse, culminan os traballos de rehabilitación nos que a Xunta de Galicia investíu 1 millón de euros, dos que 782.000 euros proceden de fondos europeos.
A maiores destas obras de restauración das pinturas murais da igrexa monacal, o resto das actuacións que se viñeron acometendo no transcurso dos últimos anos foron as obras de limpeza e mellora na cuberta, na carpintería, en diferentes portas do conxunto, nos parámetros e nas pinturas murais, principalmente, así como a mellora das condicións ambientais dalgunhas partes do monumento.
Así mesmo, as obras tamén incluiron a mellora da cuberta que conecta o claustro dos pináculos co dos medallones, así como de toda a carpintería da fachada principal. Ademais de traballos varios de limpeza, pintado e iluminación e repararase a fonte do Claustro de Cabaleiros.
O concelleiro de comunicación do concello de San Cristovo de Cea, José Dalama, felicitou púbicamente á empresa responsable destes traballos de restauración das pinturas murais "foi un traballo magnífico, como imos poder ver", subliñou.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/igrexa-monacal-de-oseira-loce-trala-restauracion-das-suas-pinturas-murais
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/igrexa-monacal-de-oseira-loce-trala-restauracion-das-suas-pinturas-murais
[3] whatsapp://send?text=A Igrexa monacal de Oseira loce trala restauración das súas pinturas murais http://copecarballino.es/novas/igrexa-monacal-de-oseira-loce-trala-restauracion-das-suas-pinturas-murais
[4] https://www.copecarballino.es/print/53961