Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Espazo Común insta ao concello de San Amaro para que traballe na mellora da cobertura de internet e telefonía móbil, moi deficiente na actualidade

8, Setembro 2020 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

Foron moitas as familias do San Amaro as que durante os meses de desconfinamento padeceron a lamentable cobertura de telefonía e internet que castiga a moitos puntos da nosa xeografía, afimran dende o grupo políitico de Espazo Común.

Veciños e veciñas que tiveron serios problemas para poder teletraballar e nenos e nenas que tamén o tiveron moi complicado para poder seguir o ritmo das clases en liña, aseguran.

Engaenden que "en pleno ano 2020 esta debera ser unha obriga para o alcalde e o seu equipo por un gran número de razóns: fixaría poboación, melloraría as condicións de traballo das empresas locais, garantiría unha mellor situación para as familias no caso de ter que afrontar un novo confinamento.
A inminencia do comezo do curso escolar e a situación de descontrol dos contaxios, con varios casos xa no noso Concello, fai extremadamente urxente que esta cuestión se convirta en prioritaria na axenda dos responsables municipais".

Por todo o antedito, Fausto Alén, voceiro de Espazo Común no San Amaro, solicitará mediante escrito no Concello que o alcalde se poña a traballar nun Plan que garanta unha cobertura de calidade en tódolos lugares tanto de móbil como de internet.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/espazo-comun-insta-ao-concello-de-san-amaro-para-que-traballe-na-mellora-da-cobertura-de

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-insta-ao-concello-de-san-amaro-para-que-traballe-na-mellora-da-cobertura-de [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/espazo-comun-insta-ao-concello-de-san-amaro-para-que-traballe-na-mellora-da-cobertura-de [3] whatsapp://send?text=Espazo Común insta ao concello de San Amaro para que traballe na mellora da cobertura de internet e telefonía móbil, moi deficiente na actualidade http://copecarballino.es/novas/espazo-comun-insta-ao-concello-de-san-amaro-para-que-traballe-na-mellora-da-cobertura-de [4] https://www.copecarballino.es/print/54373