Desenrolado por coroa.es
Extradorninarias novas as que nos trae este sábado dia 7 de Novembro, no que se rexistra a maior descenso nun dia de persoas enfermas no Carballiño e Comarca dende a explosión vírica do pasado mes de Outubro. O concello do Carballiño rexistra hoxe 22 contaxios activos menos que onte, o que deixa a cifra actualizada en 59 casos. Tamén é moi siñificativa a baixada de enfermos no concello de Boborás, que pasa dos 14 casos de onte aos 8 que Sanidade notifica hoxe sábado, un descenso do 43% de contaxios activos en relación a onte.
Tamén continúa a tendencia á baixa desta semana o concello de Cea, que notifica hoxe 10 contaxios activos, 2 menos que onte. O único concello que empeora os datos de onte, aínda que levemente, é O Irixo que ten hoxe 3 casos, un máís que onte.
E sen novidade no resto do concellos, manteñen os mesmos contaxios deste dias: Beariz (3) Maside (2) Piñor (6) Punxín (2) e San Amaro (2). No conxunto dos nove concellos da comarca hai hoxe 95 persoas enfermas de Covid-19.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/7-de-novembro-frenazo-ao-coronavirus-no-carballino-22-boboras-6-cea-2-os-contaxios-activos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/7-de-novembro-frenazo-ao-coronavirus-no-carballino-22-boboras-6-cea-2-os-contaxios-activos
[3] whatsapp://send?text=7 de Novembro: frenazo ao coronavirus no Carballiño (-22) Boborás (-6) Cea (-2) Os contaxios activos baixan ata os 95 na comarca http://copecarballino.es/novas/7-de-novembro-frenazo-ao-coronavirus-no-carballino-22-boboras-6-cea-2-os-contaxios-activos
[4] https://www.copecarballino.es/print/54743