Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > 1 de Marzo: Punxín en condicións de pasar a nivel 3, mentres preocupa Boborás que se mantén no límite para conservalo

1, Marzo 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O Comité Clínico actualizará esta semana o nivel de restrición de cada concello en base á súa situación epidemiolóxica. Punxín, que está no nivel 2 coa mobilidade restrinxida ao propio concello, ten un único contaxio activo e unha incidencia a 14 dias no rango entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. 

Boborás, con 6 contaxios activos, manténse no parámetro 150-250 casos por 100.000 habitantes de incidencia acumulada a 14 dias, a aparición de novos casos pode poñer en risco a súa continuidade no nivel 3, o que siñificaría pasar o nivel 2 de restricións, con peche perimetral e hostelería sen poder utilizar os interiores dos locais.

No resto de municipios, a situación mánténse estable, con 11 contaxios activos no Carballiño (IA de 63 casos por 100.000 habitantes), Cea ten 2 contaxios activos e Maside 1. San Amaro, Piñor, O Irixo e Beariz non teñen contaxios. 

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/1-de-marzo-punxin-en-condicions-de-pasar-nivel-3-mentres-preocupa-boboras-que-se-manten-no

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/1-de-marzo-punxin-en-condicions-de-pasar-nivel-3-mentres-preocupa-boboras-que-se-manten-no [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/1-de-marzo-punxin-en-condicions-de-pasar-nivel-3-mentres-preocupa-boboras-que-se-manten-no [3] whatsapp://send?text=1 de Marzo: Punxín en condicións de pasar a nivel 3, mentres preocupa Boborás que se mantén no límite para conservalo http://copecarballino.es/novas/1-de-marzo-punxin-en-condicions-de-pasar-nivel-3-mentres-preocupa-boboras-que-se-manten-no [4] https://www.copecarballino.es/print/56302