Desenrolado por coroa.es
O sorteo celebrado na RFGF quixo que o Arenteiro inicie a fase de ascenso directo á 2ª RFEF en Ferrol Terra, no campo Manuel Candocia de As Somozas, onde xogará ante os locatarios o primeiro dos seis partidos desta segunda fase da competición, o proximo domingo dia 4 de Abril.
Na segunda xornada recibirá, o domingo 11 de Abril, ao Lugo B en Espiñedo, para completar a primeira volta desta segunda fase desplazandose a Carballo para enfrontarse ao Bergantiños, o domingo dia 18 de Abril.
En consecuencia, na segunda volta o Arenteiro recibirá en Espiñedo ao Somozas, logo viaxa a Lugo e rematará en Espiñedo co Bergantiños. Suben directos os dous primeiros clasificados, e os outros catro teñen unha segunda oportunidade no que terán que xogar eliminatoria a partido único.
Unha vez reunidos os dous grupos, a clasificación coa que se inicia a competeción é a seguinte: 1.Bergantiños (48 puntos) 2.Arenteiro (47) 3.Lugo B (42) 4.Arousa (41) 5.Somozas (41) 6. Alondras (37)
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comezara-fase-de-ascenso-en-somozas-logo-recibira-en-espinedo-ao-lugo-b-e-rematara
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comezara-fase-de-ascenso-en-somozas-logo-recibira-en-espinedo-ao-lugo-b-e-rematara
[3] whatsapp://send?text=O Arenteiro comezará a fase de ascenso en Somozas, logo recibirá en Espiñedo ao Lugo B e rematará primeira volta no campo do Bergantiños http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-comezara-fase-de-ascenso-en-somozas-logo-recibira-en-espinedo-ao-lugo-b-e-rematara
[4] https://www.copecarballino.es/print/56841