Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (https://www.copecarballino.es)

Inicio > Leiro celebra o domingo 4 de Xullo a XXXVII Carreira Popular

28, Xuño 2021 Cope Carballiño [1] [2] [3] [4]

O domingo, 4 de xullo, o Concello de Leiro acollerá a 37ª edición da súa Carreira Popular, na que participarán 250 atletas de categorías absolutas nun circuíto de algo máis de 8.000 metros con saída e meta no Salgueiral. Os detalles da proba foron presentados esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e os concelleiros de Deportes e de Cultura, Luis Iglesias e Ramón Álvarez.

A carreira, que marcou un récord ao esgotar nun só día o número de dorsais, conta coa colaboración do club Atletismo Arenteiro, formando parte ademais do calendario oficial da Federación Galega de Atletismo e estando baixo o control do Comité Galego de Xuíces. O formato empregado será o de contrarreloxo, con saídas escalonadas de cinco en cinco atletas cada vinte segundos para evitar aglomeracións e manter así as medidas de prevención fronte á covid-19.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:https://www.copecarballino.es/novas/leiro-celebra-o-domingo-4-de-xullo-xxxvii-carreira-popular

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-celebra-o-domingo-4-de-xullo-xxxvii-carreira-popular [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/leiro-celebra-o-domingo-4-de-xullo-xxxvii-carreira-popular [3] whatsapp://send?text=Leiro celebra o domingo 4 de Xullo a XXXVII Carreira Popular http://copecarballino.es/novas/leiro-celebra-o-domingo-4-de-xullo-xxxvii-carreira-popular [4] https://www.copecarballino.es/print/57204